Sunday 28 de April de 2024

A Casa da Cultura de Lousame inaugura este venres unha exposición de fotografías coas actividades realizadas polo grupo Flashback


A Casa da Cultura de Lousame acollerá este venres 9 de outubro, ás 21:00 horas, a inauguración da exposición fotográfica “Sitúate e coñece”, que inclúe un resumo das actividades levadas a cabo por Flashback, o grupo de iniciativa Xove do Concello de Lousame. Trátase dun conxunto de imaxes e vídeos das distintas actividades realizadas durante os pasados meses de agosto e setembro:

– “Actíva-te: Aquagym”, actividade realizada na piscina municipal para realizar exercicios de tonificación muscular con música e coreografías.
– “Móve-te: Camiño do Mercado”, unha ruta de sendeirismo coa ambientación durante o percorrido de personaxes inesperados que sorprenderon aos numerosos participantes.
– “RECOÑE-CE: exaltación do poboado mineiro de San Finx”, unha ruta polos sendeiros que unen as parroquias de Lousame e Vilacoba para chegar ás minas de San Finx, onde se realizaron actividades didácticas.
– “ORIÉNTA-TE”, unha actividade actividade de orientación no Parque de San Lourenzo que consistiu nunha proba contra o reloxo onde os participantes mediante un mapa tiveron que realizar un percorrido.